HISTORIA DE GALICIA

HISTORIA DE GALICIA

Autor: López Carreira, Anselmo

Sección: HISTORIA - Historia de España

HISTORIA DE GALICIA

HISTORIA DE GALICIA

24,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
10/11/2016
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento axente da …

A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento axente da súa configuración. Desde aquela altura ata hoxe o acervo historiográfico foise incrementando en cantidade e calidade científica, tanto en obras globais como en monografías, de divulgación ou especializadas. Focalizada desde unha perspectiva na que Galicia constitúe o seu propio centro, e cunha clara intención divulgativa, esta Historia de Galicia de Anselmo López Carreira recolle e sintetiza as achegas proporcionadas polo conxunto de historiadores que ofrecen ao país unha imaxe coherente de si mesmo e pretende ser un elemento útil na construción desta comunidade de convivencia que é a nación galega.
Leer más

Más libros de López Carreira, Anselmo

Más información del libro

HISTORIA DE GALICIA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-124-2
EAN:
9788491211242
Nº páginas:
0
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
240 mm
Ancho:
165 mm
Sección:
HISTORIA
Sub-Sección:
Historia de España
Anselmo López Carreira, nacido en Vigo en 1951, foi deslocalizado a Ourense xa de neno. Licenciado e doutorado en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na Idade Media galega. O primeiro ámbito de investigación foi a cidade, con estudos centrados en Ourense: ?Ourense no século XV?(1991), ?A cidade de Ourense no século XV?(1998) ou ampliados ao fenómeno urbano medieval galego ?A cidade medieval galega?(1999). Outros campos de interese, non apartados do marco urbano, son o movemento das Irmandades do século XV: ?A Revolución Irmandiña? (1987), ?Os irmandiños. Textos, documentos e bibliografía?(1991) e a edición de fontes documentais: ?Padróns de Ourense do século XV? (1995), ?O pleito das fortalezas da cidade de Ourense? (1998), ?Libro de Notas de Álvaro Afonso? (2000), ?Fragmentos de Notarios? (2007), ?Libro de protocolos de Xoán García? (2007). De índole máis xeral son os seus traballos referentes ao reino medieval, con títulos como ?Os reis de Galicia? (2003) ou ?O reino medieval de Galicia? (2005), e a participación en varias obras colectivas de Historia de Galicia. Profesionalmente é catedrático de ensino secundario en Cangas do Morrazo e profesor-titor de Historia Medieval e Paleografía no centro da UNED en Ourense. En Xerais ten publicados os libros ?Historia de Galicia? (2013) e ?O Miño. Un caudal de historia? (2015).

Otros libros en HISTORIA

También te pueden interesar