GUIA DAS LIBELULAS DE GALICIA

Autor: FERNANDEZ, MIGUEL ANGEL

Sección: NATURALEZA - Peces

GUIA DAS LIBELULAS DE GALICIA

GUIA DAS LIBELULAS DE GALICIA

36,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/06/2011
Colección:
BAIA VERDE:GUIAS NATUREZA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Esta guía trata sobre un grupo de insectos que reciben en Galicia as denominacións de tizóns do demo, cabalos do demo, gaiteiros do demo, sacaollos, quitaollos, mollacús, lavacús, gaiteiros e candileiros ou candís. Recentemente, para denominar estes insectos, incorporáronse a estas formas vernáculas outras de orixe culta, como libélula e libeliña. En termos técnicos estes insectos son agrupados na orde …

Esta guía trata sobre un grupo de insectos que reciben en Galicia as denominacións de tizóns do demo, cabalos do demo, gaiteiros do demo, sacaollos, quitaollos, mollacús, lavacús, gaiteiros e candileiros ou candís. Recentemente, para denominar estes insectos, incorporáronse a estas formas vernáculas outras de orixe culta, como libélula e libeliña. En termos técnicos estes insectos son agrupados na orde Odonata e denominados como odonatos. A guía ofrece unha introdución á bioloxía e ecoloxía das libélulas, que serviu para aumentar e revolucionar, en certos aspectos, estas ciencias nos seus mesmos fundamentos. Asemade, facilita a identificación das libélulas mediante a súa observación directa, sen intervención nin captura, facendo fincapé nas características que sirvan para a distinción mediante a única axuda duns prismáticos, e algo de paciencia, e busca, ao tempo, servir de guía de campo para os naturalistas que queiran identificar as diferentes especies de libélulas de Galicia, atendendo as formas adultas. Descríbense 62 das especies máis habituais no noso país e mesmo algunhas que, polas condicións de cambio climático existentes, é previsíbel que comecen a ter o seu hábitat natural en breve espazo de tempo en Galicia. Todas elas magnificamente ilustradas por Calros Silvar a toda cor. O obxectivo último, e talvez o máis importante, é aumentar o número de naturalistas e amantes da natureza que sumen esforzos para o estudo e conservación destes animais e dos fráxiles e ameazados medios húmidos onde se reproducen.
Leer más

Más libros de FERNANDEZ, MIGUEL ANGEL

Todos los libros de FERNANDEZ, MIGUEL ANGEL

Más información del libro

GUIA DAS LIBELULAS DE GALICIA

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-92630-92-9
EAN:
9788492630929
Nº páginas:
208
Colección:
BAIA VERDE:GUIAS NATUREZA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
0 mm
Ancho:
0 mm
Sección:
NATURALEZA
Sub-Sección:
Peces

Otros libros en NATURALEZA

También te pueden interesar