ROSALIA DE CASTRO. ANTOLOXIA

ROSALÍA DE CASTRO. ANTOLOXÍA

Autor: CASTRO, ROSALIA DE (AUTOR/A)

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

ROSALIA DE CASTRO. ANTOLOXIA

ROSALIA DE CASTRO. ANTOLOXIA

31,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
17/11/2003
Colección:
GRANDES OBRAS. EDICIÓNS SINGULARES
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A figura de Rosalía de Castro é o mito máis relevante e universal da Galicia moderna, icona política, nacionalista, social, feminista, non ten máis lectura obxectiva que a dos seus textos, a súa verdadeira realidade. O presente volume recolle unha antoloxía da obra poética de Rosalía de Castro, preparada polo estudoso rosaliano Anxo Angueira e precedida dun limiar de X.L. …

A figura de Rosalía de Castro é o mito máis relevante e universal da Galicia moderna, icona política, nacionalista, social, feminista, non ten máis lectura obxectiva que a dos seus textos, a súa verdadeira realidade. O presente volume recolle unha antoloxía da obra poética de Rosalía de Castro, preparada polo estudoso rosaliano Anxo Angueira e precedida dun limiar de X.L. Méndez Ferrín, e organizada arredor de sete ámbitos temáticos: Así en " Terras de Rosalía " , incluíronse os poemas centrados na paisaxe e nas terras que máis e máis intensas páxinas encheron na obra da autora. " Santos, campás e pecados " é o título que pretende recoller un conxunto de poemas certamente variados pero que, dalgún xeito, remiten ao feito relixioso, formal ou intimamente, e en moitos deles á transgresión dos seus preceptos. En " Festas e fames " danse cabida a outro dos aspectos emblemáticos da obra da nosa autora que tamén cadra cun dos ideoloxemas do Rexurdimento: o compromiso social cos miserábeis. Logo, incluíronse dúas elexías, a célebre dedicada a Sir John Moore e a menos coñecida dedicada a Inés de Castro e a Luís de Camões, na que a nosa autora se desenvolve á perfección manexando os respectivos trasfondos líricos, históricos e políticos. En " Sombras e soidades " ilústrase a voz poética rosaliana máis intimista, máis espida, e por veces dramaticamente esgazada e estarrecente, senlleira na poesía europea decimonónica. En " Verba de muller " recóllense uns cantos poemas nos que a autora pon os ollos na situación especialmente dependente da muller no plano socio-político e mesmo no literario. Por último, en " Pola dignidade nacional " , antológanse un conxunto de poemas nos que a nosa autora denuncia a situación social de miseria e emigración que padece Galicia acompañada, por veces, do canto nacional no que non faltan as críticas á situación política de desleixo e dependencia con respecto a España.
Leer más

Más libros de CASTRO, ROSALIA DE (AUTOR/A)

Más información del libro

ROSALIA DE CASTRO. ANTOLOXIA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9782-072-1
EAN:
9788497820721
Nº páginas:
136
Colección:
GRANDES OBRAS. EDICIÓNS SINGULARES
Lengua:
GALLEGO
Alto:
225 mm
Ancho:
180 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
Rosalía de Castro (1837-1885) é considerada a escritora nacional de Galicia e a publicación de Cantares gallegos (1863) a marca do inicio do denominado Rexurdimento. Filla da fidalguía rural galega, na súa vida considéranse decisivos para a súa formación intelectual o paso polo Liceo de la Juventud en Compostela e a posterior experiencia madrileña. Foi en Madrid onde publicou a súa primeira obra (La Flor, 1857) e onde coñeceu e casou con Manuel Murguía (1858), líder intelectual da súa xeración. A súa vida a partir de aquí coñeceu unha grande itinerancia e unha intensa dedicación á escrita. En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. Os seus manifestos feministas (?Lieders? e ?Las literatas?), o seu avanzado pensamento político e social (Follas novas, El caballero de las botas azules) ou a súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese. Caracterizada por unha persoal retórica e unha orixinal estratexia en que se modernizan os pactos co lector, tanto os do romanticismo coma os do realismo, a padronesa afondou como poucos nalgúns dos conflitos dialécticos da súa época e nas profundidades abisais da subxectividade do eu. Fiel á súa Terra de Iria, a pesar de tanto vagar, pasou os seus últimos anos de vida na Matanza (Padrón) onde compuxo En las orillas del Sar, obra cimeira na súa produción. Enterrada no cemiterio de Adina en Iria, os seus restos foron trasladados a San Domingos de Bonaval, no que hoxe é o Panteón de Galegos Ilustres.

Otros libros en POESÍA

  • TODO LO QUE ME HA ENSEÑADO EL AMOR

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    TODO LO QUE ME HA ENSEÑADO EL AMOR

    16,90€ IVA INCLUIDO

  • SI TÚ QUIERES, TE BAJAS LA LUNA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    SI TÚ QUIERES, TE BAJAS LA LUNA

    15,90€ IVA INCLUIDO

  • ROCAMBOLESKA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    ROCAMBOLESKA

    19,95€ IVA INCLUIDO

  • MÉDICOS ERRADOS

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    MÉDICOS ERRADOS

    14,00€ IVA INCLUIDO

  • POESIA COMPLETA A.P.

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    POESIA COMPLETA A.P.

    23,90€ IVA INCLUIDO

  • CONSECUENCIAS DE DECIR TE QUIERO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    CONSECUENCIAS DE DECIR TE QUIERO

    7,95€ IVA INCLUIDO

  • 1460

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    1460

    10,00€ IVA INCLUIDO

  • PUEDES HACERME LO QUE QUIERAS

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    PUEDES HACERME LO QUE QUIERAS

    17,90€ IVA INCLUIDO

  • PRIMERO DE POETA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    PRIMERO DE POETA

    16,90€ IVA INCLUIDO

  • CÚRAME TIEMPO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    CÚRAME TIEMPO

    14,90€ IVA INCLUIDO

  • PARA LA LIBERTAD

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    PARA LA LIBERTAD

    19,95€ IVA INCLUIDO

  • INDOMABLE. DIARIO DE UNA CHICA EN LLAMAS

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    INDOMABLE. DIARIO DE UNA CHICA EN LLAMAS

    15,95€ IVA INCLUIDO

  • ROMANCERO GITANO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    ROMANCERO GITANO

    11,95€ IVA INCLUIDO

  • COMPLETAMENTE VIERNES

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    COMPLETAMENTE VIERNES

    12,00€ IVA INCLUIDO