RACLETTE

RACLETTE

Autor: CORTEGOSO CALVAR, SANTIAGO

Sección: CLÁSICOS - CLÁSICOS GRAL

RACLETTE

RACLETTE

13,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
18/06/2015
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca Dramática
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Raclette, de Santiago Cortegoso, gañadora do XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, é unha obra que mestura a comedia co dramatismo, abordando temas universais desde a perspectiva da sociedade actual. Cunha sólida reflexión arredor de temas como a incomunicación, a morte, a relación de parella, a maternidade, a sobreprotección ou a violencia, Raclette preséntanos cinco personaxe sentados nunha mesa …

Raclette, de Santiago Cortegoso, gañadora do XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, é unha obra que mestura a comedia co dramatismo, abordando temas universais desde a perspectiva da sociedade actual. Cunha sólida reflexión arredor de temas como a incomunicación, a morte, a relación de parella, a maternidade, a sobreprotección ou a violencia, Raclette preséntanos cinco personaxe sentados nunha mesa que compoñen un complexo mosaico humano. A partir de aí, o autor constrúe un texto caracterizado por unha inquedante estrutura dramática, dentro da que a información chega ao lector-espectador dun xeito rigorosamente dosificado, nunha liña de acción que avanza con sutil equilibrio entre a ironía e o humor corrosivo, espindo as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.
Leer más

Más información del libro

RACLETTE

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-872-4
EAN:
9788499148724
Nº páginas:
104
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca Dramática
Lengua:
GALLEGO
Alto:
215 mm
Ancho:
125 mm
Sección:
CLÁSICOS
Sub-Sección:
CLÁSICOS GRAL
Santiago Cortegoso é actor, director de escena e autor de textos teatrais. Coa súa compañía, Ibuprofeno Teatro, leva producido A filla de Woody Allen (finalista nos Premios Max 2011 a Mellor autor en galego), Pequenos Actos pseudorrevolucionarios (Premio María Casares 2013 a Mellor texto orixinal) e Fitness (espectáculo de rúa). Outros traballos como autor son: Smoke on the water (Premio MOME Varela Buxán 2013), El charco de Ulises (con bolsa en Iberescena 2010 e editado por Artezblai), 0'7% Molotov (premio Rafael Dieste 2009, publicado pola Deputación da Coruña, estreado por Teatro de Ningures, nominado a Mellor texto orixinal nos premios María Casares 2012 e finalista nos Premios Max 2012 a Mellor autor en galego), Homes... Mulleres: O Paraíso terreal (para Teatro de Ningures, 2010), Des-memoria-2 (para Disque Danza, 2009), Os Cómicos dell? auto (para Teatro de Ningures, nominado a Mellor texto orixinal nos premios María Casares 2009), Hámster (seleccionado en Magalia 2008, publicado no nº 60 da RGT e estreado na Sala Triángulo de Madrid) e Casa O?Rei. Traxicomedia gastronómica (2010).

Otros libros en CLÁSICOS