DOCES E LAMBETADAS. RECEITAS CON HISTORIA

DOCES E LAMBETADAS. RECEITAS CON HISTORIA

Autor: FELPETO LAGOA, MATILDE

Sección: GASTRONOMÍA - Ingredientes-Cocina temática

DOCES E LAMBETADAS. RECEITAS CON HISTORIA

DOCES E LAMBETADAS. RECEITAS CON HISTORIA

26,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
18/11/2021
Colección:
TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Gastr
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que empezaron a elaborarse con améndoa, cereais, leite, ovos, azucre, ata o descubrimento do cacao, do chocolate, da vainilla, da canela e de …

Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que empezaron a elaborarse con améndoa, cereais, leite, ovos, azucre, ata o descubrimento do cacao, do chocolate, da vainilla, da canela e de diversas froitas, transcorren séculos nos que, paralela á historia da humanidade, se vai forxando a historia da gastronomía. Estas elaboracións culinarias naceron ligadas a unha cultura, a un pobo, e outras foron creación dunha cociñeira ou cociñeiro, pero todas se espallaron polo mundo e perduran no tempo. Cada unha das receitas ten unha historia e unha evolución que se conta no libro. Matilde Felpeto ofrécenos máis de 50 deliciosas receitas con historia: desde a torta de Santiago ás filloas, desde as natas de Belém ao mousse de chocolate, desde a torta real de Allariz ao arroz con leite, desde a crema queimada ao tiramisú; mais tamén o pão-de-ló á charlota, os brownies, os melindres, o roscón de reis, a torta San Marcos ou o pudin de castañas, entre outras moitas.
Leer más

Más libros de FELPETO LAGOA, MATILDE

Más información del libro

DOCES E LAMBETADAS. RECEITAS CON HISTORIA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-1110-034-2
EAN:
9788411100342
Nº páginas:
152
Colección:
TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Gastr
Lengua:
GALLEGO
Alto:
24 mm
Ancho:
20 mm
Sección:
GASTRONOMÍA
Sub-Sección:
Ingredientes-Cocina temática
Matilde Felpeto Lagoa (Cervás-Ares, 1947) é licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina profesional como funcionaria no Instituto Nacional do Libro Español (INLE), onde pediu a excedencia para dedicarse ao ensino. Exerceu como profesora de bacharelato en cidades e vilas como Madrid, Ponteareas e Vigo e de Didáctica da Lingua e Literatura Españolas nos cursos do CAP do ICE da universidade compostelá. Estudosa da gastronomía popular galega, é autora de libros como "Recetas de la cocina familiar gallega", "Cociñar con albariño", "Recetas de repostería tradicional de la cocina gallega y portuguesa", "40 menús para 40 banquetes", "El capón de Vilalba y su cocina", "O polbo e a súa cociña" (Xerais, 2014), "Cociña galega tradicional" (Xerais, 2017) e "Doces e lambetadas" (Xerais, 2021).

Otros libros en GASTRONOMÍA

También te pueden interesar