IDIOMA E PODER SOCIAL

Autor: Ninyoles Monllor, Rafael Lluís

Sección: FILOLOGÍA - Lengua

IDIOMA E PODER SOCIAL

IDIOMA E PODER SOCIAL

17,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
LAIOVENTO
Publicación:
01/09/2005
Colección:
ENSAIO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

No arsenal bibliográfico de carácter científico que manexan as humanidades e, dentro delas, a socioloxía da linguaxe ou sociolingúística, hai, como é doadamente verificábel, fariña de primeira calidade e farelo. Hai obras que crían doutrina, combinan o máis rigoroso da elaboración de modelos teóricos co máis util(itario) para a transformación de pautas e condutas sociais, e resultan fundamentais, en certos …

No arsenal bibliográfico de carácter científico que manexan as humanidades e, dentro delas, a socioloxía da linguaxe ou sociolingúística, hai, como é doadamente verificábel, fariña de primeira calidade e farelo. Hai obras que crían doutrina, combinan o máis rigoroso da elaboración de modelos teóricos co máis util(itario) para a transformación de pautas e condutas sociais, e resultan fundamentais, en certos momentos históricos, para orientaren e fortaleceren prácticas restauradoras de linguas en proceso de asimilación. Son alavanca, nunca obstáculo entorpecedor. Axudan á necesaria sistematización e esclarecen, tamén, a faramalla confusionista que outras obras teceron sobre o feito lingüístico e as súas graves implicacións sociais. A obra que recensionamos pertence claramente ao grupo do primeiro elemento do binomio axiolóxico que trazamos arriba. Vanse cumprir trinta anos da súa primeira edición e mantén non só toda a súa vixencia analítica senón a súa practicidade, a súa máis plena actualidade. E non é dado histórico menor repararmos en que un libro xestado no tardofranquismo atravese a transición, sexa fundamental, premonitoriamente, na análise do marco legal-institucional que instaura o novo rexime (con herdanza ben visíbel do modelo anterior) e resulte utilísimo nos tempos actuais, onde tantos dogmas autoritarios tamén en materia iuslingüística- volven campar sob o pretexto dunha revisión, eufemismo dunha ben perigosa involución que ameaza dialectalizar, residualizar, as linguas nacionais en tensión coa oficial do Estado.
Leer más

Más libros de Ninyoles Monllor, Rafael Lluís

Más información del libro

IDIOMA E PODER SOCIAL

Editorial:
LAIOVENTO
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-8487-082-1
EAN:
9788484870821
Nº páginas:
0
Colección:
ENSAIO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
140 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Lengua

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar