Alonso, Álex
Álex Alonso (Vigo, 1968) é licenciado en Filoloxía Galega e Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa como tradutor intérprete da Administración de Xustiza na Audiencia Provincial de Pontevedra. En 2003 recibiu a mención especial do xurado do XII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía pola obra ""Estremonías"" en 2010 gañou o VI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares por ""Xénero imperfecto"", e en 2015 resultou gañador do Certame de Narrativa Curta Ánxel Fole con ""Tempos de bebidas isotónicas e fast-food"" (Xerais, 2016). A novela ""Granito"" (Xerais, 2020) logrou ex aequo o Premio Torrente Ballester e ""Bullying"" (Xerais, 2023) fíxoo de novo merecedor do Certame de Narrativa Curta Ánxel Fole no ano 2022.