ARAÚJO, NONES

Nones Araújo (Riós, Ourense, 1953) naceu a carón de castiñeiros centenarios. Mestra xubilada, exerceu en educación infantil, en educación especial e como profesora de Lingua en educación secundaria no IES Alexandre Bóveda de Vigo. Comezou a escribir e a participar en certames literarios que a animaron a manter as neuronas con saúde. En 2020 conseguiu o VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra de Parada de Sil. En 2021 gañou o XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo con Imaxes roubadas (Xerais, 2022) e o Certame Literario Exeria, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo xunto coa Fundación Xoán Piñeiro. Recibir a gratitude do seu alumnado, ver felices aos seus e escoitar o río pola noite na aldea contentan, xunto coa escrita, o seu retiro dourado. (Foto da autora: Xexé)


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: