Castro Paredes, José Fernando

Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, 1975) é profesor de ensino secundario, un dos coordinadores de Tuéjele Teatro e membro de Farándula Velutina. Cultiva todos os xéneros literarios, con especial dedicación ao teatro. Como dramaturgo, formouse nos talleres do Centro Latinoamericano de Creación e Investigación Teatral. Obtivo premios como o Varela Buxán, o Roberto Vidal Bolaño, o Rafael Dieste ou o Nova Dramaturxia Galega Actual, entre outros. As montaxes que Farándula Velutina fixo de varios dos seus textos foron premiadas en certames como os Premios Buero de Teatro Joven ou os do programa Xuventude Crea da Xunta de Galicia. Entre as súas obras destacan: ""A derradeira bala"", ""Papiroflexia"", ""Pallaso"", ""Amorodo agre"", ""Animais de compañía"", ""Sincronizadas"" e ""Ofelia ou o cabeiro da cóbrega"".


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: