Cuba, Xoán R.

Xoán Ramiro Cuba Rodríguez. Lugo, 1958. Traballa no Museo Provincial de Lugo como Auxiliar de biblioteca. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira . Como integrante deste equipo participou en todos os proxectos, traballos de campo , arquivo e publicacións do mesmo e é coautor dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004). Ten publicado tamén , individualmente e en colaboración, ducias de traballos en prensa e revistas especializadas. Por dous traballos de investigación relacionados coa Terra Chá foi distinguido co Premio ?Manuel Mato Vizoso? en 1987 e 1989. Con Antonio Reigosa e Xosé Miranda escribiu trece libros publicados por Edicións Xerais de Galicia: Diccionario dos seres míticos galegos (1998), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (2001) e os dez primeiros volumes da colección Cabalo Buligán (1998-2000). É responsable tamén, con estes mesmos autores, da Antoloxía do conto galego de tradición oral (2001) e con Fernando Arribas e Antonio Reigosa da Guía do Museo Provincial de Lugo (2003). A súa obra para primeiros lectores O caracol Remoldiño (Xerais, 2003) obtivo o Premio Lecturas da Asociación Gálix en 2005.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: