DoCampo, Xabier P.

Xabier P. Docampo (Rábade, 1946). Mestre xubilado e escritor, ten publicada unha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: " O misterio das badaladas " (1986, Xerais 2011), novela; " Cun ollo aberto e outro sen cerrar " (1987), relatos; " A chave das noces " (1988, Xerais 2018), novela; " O país adormentado " (Xerais 1993, 2012), novela; " Cando petan na porta pola noite " (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); " O pazo baleiro " (1997, Xerais 2002), novela; " O home que inventou unha maneira de andar " (1998), novela; " Catro cartas " (2000), relatos; " Un conto de tres noites " (Xerais 2001), relatos; " A casa da luz " (Xerais 2002), novela; " O libro das viaxes imaxinarias " (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; " A illa de todas as illas " (Xerais 2013), novela, e " A nena do abrigo de astracán " (Xerais, 2017), novela. Para o público infantil publicou, entre outras obras: " O armario novo de Rubén " (Xerais 1989); " A nena de auga e o príncipe de lume " (Xerais 1990-2012); " A casa do porco bravo e Roxelio e a couza " (Xerais 1991); " Adelaida, Henrique e demais familia " (1996); " Nube de neve " (2000), " ¿Víchela, víchela? " (2001), " Os ollos de Ramón " (2001) e " A decisión de Valerio " (Xerais, 2005)


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: