DOPICO, MONTSE
Montse Dopico é xornalista cultural e docente. É licenciada en Xornalismo, en Historia e en Socioloxía e Doutora en Didáctica da Historia. Na actualidade traballa como profesora no ensino secundario. Conta cunha ampla experiencia no xornalismo cultural. Traballou en xornais e revistas como ""Galicia Hoxe"", ""El Progreso"" e ""Luzes"" e foi tamén colaboradora do ""Faro da Cultura"", de ""El País"", de ""El Mundo"", de ""Tempos Novos"", de ""Praza Pública"", do programa ""Zig Zag"" da CRTVG ou de ""Sermos Galiza"". ""Abonda con vivir"" é o seu primeiro libro.