FERNANDEZ DOMINGUEZ, JOSE BENITO
J. Benito Fernández (Tomiño, 1956) é un recoñecido autor de biografías que a crítica coincidiu en alabar como exemplos de traballo exhaustivo e rigoroso: El contorno del abismo. Vida y leyenda de Leopoldo María Panero (2023), Eduardo Haro Ibars: los pasos del caído (2005), El incógnito Rafael Sánchez Ferlosio. Apuntes para una biografía (2017), El plural es una lata. Biografía de Juan Benet (2024) e Las claves de lo oscuro. Biografía de Ángel Guinda (2025). Nesta senda tamén publicou o ensaio Gide/Barthes. Cuaderno de niebla (2011). Non creo en máis vida ca esta é a súa primeira incursión na ficción.