FERNANDEZ REGO, FERNANDO

Fernando Fernández Rego. Ferrol, 1979. É licenciado en Química pola USC e traballa como profesor de educación secundaria. Ademais de administrar a web musical LaFonoteca.net, coordina a sección de música da revista Grial, escribe para Mondosonoro, Luzes e Rockdelux e colabora con múltiples plataformas, tanto dixitais como impresas. Publicou a novela Desorden (2009), un tratado de existencialismo pospunk, e tocou o relato e a poesía en Blues From A Gun. Secuencias interiores (2011). Deu ao prelo ensaios como o libro-CD 50 Anos de pop, rock e malditismo na música galega (2010) e Galicia en clips (2012), este último xunto a Pablo Portero e biografías, como o da banda de Lugo Los Contentos, Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage) (2014), en colaboración con Piti Sanz, e a de Andrés do Barro, Andrés do Barro. Saudade (2015). En Editorial Galaxia publicou Unha Historia da música en Galicia 1952-2018 (2019) e Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo (2022). Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: