Fernández Rei, Francisco
Francisco Fernández Rei (Fefiñáns-Cambados, 1952) Catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na Real Academia Galega co discurso ?Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e o Mar da Arousa?. Cofundou as revistas ?A Trabe de Ouro? e ? Ardentía?, a asociación sociocultural ?Redes Escarlata? e a plataforma apartidaria ?ProLingua?, tamén presidiu a Comisión Organizadora do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (Cambados 2005). No Instituto da Lingua Galega dirixe o ?Arquivo do Galego Oral? e coordinou o vol. I ?Morfoloxía verbal? (1990, Premio da Crítica de Investigación), IV ?Tempo atmosférico e cronolóxico? (2003) e VI ?Terra, plantas e árbores? (2014) do ?Atlas Lingüístico Galego?. Autor do manual ?Dialectoloxía da lingua galega? (Xerais, 1990, Premio Losada Diéguez de Investigación) e coeditor con Carme Hermida do audio-libro ?A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego? (1996). Estudou o galego estremeiro, a elaboración do galego moderno, o léxico mariñeiro e o mar na literatura galega; e coeditou con Antón Santamarina ?Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas? (1999) e con Luís Rei ?Roteiros pola poesía de Ramón Cabanillas? (2009).