FERNANDEZ REI, FRANCISCO (AUTOR/A)""
Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición... Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego. Autor de colaboracións diversas no eido do xornalismo en revistas e xornais de Galicia e de coordinación de publicacións do noso patrimonio fotográfico (A Opinión de A Coruña). En colaboración con outros autores ten publicado ""Xesús Ferro Couselo"", ""Fouce: Etapa da Clandestinidade"" e ""A semente do 72, a forza da nosa clase"". Colaborador na organización de diversas exposicións históricas ou artísticas e comisario de: ""Galicia fora de Galicia"", ""Culturas no Camiño Xacobeo"", ""Masonería Universal. Familia Galega"", ""Manuel Facal. 25 anos de obra gráfica"". Como diseñador-editor de arte gráfica coordina produccións Culturais Artesa e a publicación de carpetas de obra gráfica de autores e artistas galegos dende o ano 1992 coa proposta actual dun catálogo de 10 libros de bibliofilia de arte. Dende 1995 colaboura con Edicións Xerais de Galicia das coleccións de libros ""A memoria de..."" e na proposta de diversas publicacións e actividades da editorial. O seu último libro e ``A Coruña por Pedro Ferrer´´ (Xerais 2005).