GIRALDEZ, DIEGO
Diego Giráldez (O Porriño, 1976) é licenciado en Historia da Arte. Traballou no Museo de Pontevedra como catalogador de patrimonio arquitectónico do medio rural e logo dedicouse ao xornalismo e á comunicación corporativa. Coordinou varias cabeceiras xornalísticas e colaborou en xornais como A Nosa Terra, Xornal de Galicia e El País. Na actualidade escribe no diario dixital Praza Pública e na revista Luzes. Tamén fundou e dirixiu as revistas culturais Kalaikia e CanZine e a de recuperación histórica Malladoura. No ámbito literario publicou varios libros de narrativa e recibiu premios como o Manuel Murguía e o Blanco Amor de novela. Leva anos estudando e divulgando a vida e a obra de Antonio Palacios a través de artigos, exposicións, charlas e publicacións.