GONZÁLEZ ÁLVAREZ,MANUEL

Manolo González (A Rúa, 1955). O seu pai, proxeccionista no Cinema Avenida da Rúa, acendeu sen querelo a paixón polo cinematógrafo que o acompañará ao longo da súa vida, dende os cineclubes e as primeiras experiencias de vídeo nas aulas en Allariz arredor de 1982. Foi creador e director da Escola de Imaxe e Son de A Coruña (1990-1998), profesor de produción na facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, responsable da área de cine e vídeo na dirección xeral de Cultura de Luís Álvarez Pousa (1984), organizando as primeiras axudas públicas ao cinema galego e a posta en marcha do Arquivo da Imaxe de Galicia. Creador e director da Axencia Audiovisual Galega da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (2005-2009), impulsou proxectos senlleiros daquela como as Axudas ao talento, Cinemas Dixitais, Flocos TV Mestre Mateo 2009, ou Memoria do século XX. Foi galardoado en varias ocasións nos premios do audiovisual galego. Na actualidade, segue a coordinar o encontro de cineastas Chanfainalab en San Sadurniño (2014-2023), XI premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual. En 2023 recibiu o Premio Losada Diéguez polo seu libro Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil. ----------------------------------------------------------------------Manolo González (A Rúa, 1955). Su padre, proyeccionista en el Cine Avenida da Rúa, encendió sin quererlo la pasión por el cinematógrafo que lo acompañará a lo largo de su vida, desde los cineclubes y las primeras experiencias de video en las aulas en Allariz alrededor de 1982. Fue creador y director de la Escuela de Imagen y Sonido de A Coruña (1990-1998), profesor de producción en la facultad de Comunicación de la Universidad de Vigo, responsable del área de cine y video en la dirección general de Cultura de Luís Álvarez Pousa (1984), organizando las primeras ayudas públicas al cine gallego y a la puesta en marcha del Archivo de la Imagen de Galicia. Creador y director de la Axencia Audiovisual Galega de la Con


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: