GONZÁLEZ COSTA, TERESA
Teresa González Costa (O Grove, 1975) é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana, con estudos de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección de teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas nas editoriais Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou en 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con ?Sempre quixen bailar un tango? (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con ?Pingueiras e tarteiras? (Xerais 2009). Como narradora infantil e xuvenil publicou as novelas: ?A filla do ladrón de bicicletas? (Xerais 2010), Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012 (Categoría 5º e 6º Primaria); ?Eu, pel? (Xerais 2012); ?Fred Quincalla, o nómade do mar? (Xerais, 2017) e ?A noite das bicicletas? (Xerais 2018). ?Os santos nunca dormen? (Xerais 2014) foi a súa primeira novela na colección Xerais Narrativa.