LEIRA, ROCIO

Rocío Leira Castro (A Pereiriña, Cee, 1979) é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e, na actualidade, dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela. Dende moi cativa comezou a escribir e a participar en diversos certames nos ámbitos do relato curto e da poesía, nos que obtivo numerosos premios literarios, entre eles, o Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, o Premio de Narración Curta Concello de Marín, o Xaime Illa Couto nas modalidades de poesía e relato curto, o Anduriña Voandeira, o Premio Xosé M. López Ardeiro ou o Avelina Valladares. No ano 2013 publicou a súa primeira obra, " Universo Pitágoras " , á que seguiron " O becho que quería comer á avoa " (2015) e os poemarios " [Obituario] " (2016) e " INEM " (2016).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: