Maceda, Beatriz

Beatriz Maceda. Naceu e vive na Coruña, mais pasou unha parte importante da súa vida na capital da Terra Chá, Vilalba. É mestra de Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. Leva exercendo o ensino desde hai vinte e un anos, impartindo cursos e facendo traballos sobre ensino global. Publica os primeiros relatos, «Ela» e «Tuerka 27», na revista «Tempos Dixital». Logo virían o álbum ilustrado «Man. O alemán de Camelle» (2012), coa intención de achegar a figura de Manfred Gnädinger á mocidade «O álbum de Garrincha» (2015), unha historia sobre como o deporte, neste caso o fútbol, pode ser un elemento de integración para as nenas e nenos migrantes, e «Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán» (2017), que aproxima a figura de Valle á rapazada. En 2019 publica «Lúa en Ningures», o seu primeiro libro na colección Merlín de Xerais, ao que seguiu «As sentinelas do silencio» (2022). Xunto á escritora Eli Ríos e á ilustradora Laura Suárez, publica o álbum ilustrado «Luísa Villalta. Alma de violino» (Xerais, 2023).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: