MIRANDA, XOSE (AUTOR/A)

Xosé Miranda Ruíz (Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995 Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995 Carozo azul (1997) Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos A neve e a cadeira (1994), relato longo A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca Vestío (1995, Xerais 2008), novela Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994 O demo á orella (Xerais 1996), relatos «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996) Morning star (1998), Premio Xerais de novela Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002 o relato ""Tarxeta vermella"" publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), 'Amancio Amigo e o meigo de Salamanca' (Xerais 2006) e ""Amancio Amigo e o Demo da Botella"" (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: