Misa, Iria

Iria Misa (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. Como autora de literatura infantil e xuvenil deuse a coñecer coa novela «Xa non estou aquí» (Xerais, 2016), que obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil en 2016. No ano 2018 publica, tamén en Xerais, as novelas «Segredos no Solpor» e «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2018. Con «A cidade do átomo» (Xerais, 2021) gaña o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. En 2023 publica «Unha veciña de película».


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: