NEGRO, CARLOS

Carlos Negro (Lalín, 1970), autor de obras en Xerais como Far-West (2001), Makinaria (2009), Penúltimas tendencias (Premio da AELG á mellor obra de literatura infantil e xuvenil do ano 2014) ou Masculino singular (2016), iniciouse no xénero poético con as laranxas de alí babá (1998). Recibiu tamén o premio Johán Carballeira polo poemario Héleris (2003) e o Victoriano Taibo por Cultivos transxénicos (2008). Ensaiou o xénero satírico no dicionario Abelcebú (2010), de carácter burlesco. Nos últimos anos vén desempeñando un continuo labor de achegamento da poesía ao público xuvenil, a través de recitais e obradoiros por toda Galicia.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: