PEREIRA, FERNANDO
Fernando Pereira Bueno (Santiago de Compostela, 1957), licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia da Arte, é profesor de Ciencias Sociais no IES Carlos Casares de Vigo. Publicou varios traballos relacionados coa historia das ensinanzas e institucións artísticas na nosa comunidade e sobre a presenza das mulleres pintoras na arte galega.