PILAR GARCÍA REGO
Pilar García Rego (Teo, 1966) é comunicadora e xornalista. Desenvolve o seu traballo na TVG desde 1989 en programas culturais como Cousas da lingua, Alalá, No bico un cantar e, desde hai máis dunha década, conduce Zigzag Diario. É autora do guión A casa do barqueiro, proxecto de longametraxe (2002) e foi guionista/editora de series de televisión como Rías Baixas, Libro de familia e O faro. Publicou os poemarios Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros (2019), Humanario (Galaxia, 2021) e War is over (2024), colaborou no Manifesto 25N. 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021) e na antoloxía de xénero Así fala Penélope (2021).