Regueira, Mario
Mario Regueira (Ferrol, 1979), diplomado en Dereito e licenciado en Filoloxía Galega, na actualidade remata a súa tese de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. É unha das voces máis representativas do novo século da literatura galega, na que destaca como narrador (Rebelión no inverno, 2004, L'affiche rouge, 2007, Outono aquí, Premio Lueiro Rei 2011) e como poeta (Tanxerina, Premio Pérez Parallé 2005 e Blues da crecente, Premio Xohán Carballeira 2009). Ten exercido a crítica literaria en diversas publicacións, unha faceta que propiciou a aparición de Lois Pereiro. Unha persecución (2011), libro a medio camiño entre o ensaio e a narrativa. Colabora na sección de opinión do xornal dixital Praza Pública e dende 2006 mantén o blogue O porto dos escravos. É membro do proxecto editorial Estaleiro Editora.