Salgado, Daniel

Daniel Salgado (1981) naceu en Monterroso. Publicou os libros de poemas " Sucede " (2004), " días no imperio " (2004), " Éxodo " (Xerais, 2006), " Os poemas de como se rompe todo " (2007), " Ascensión " (2010), " ruído de fondo " (Xerais, 2012), " Dos tempos sombrizos " I Premio de Poesía Gonzalo López Abente (Xerais, 2013) e xunto á poeta María do Cebreiro, " A Guerra " (2013). Traduciu a Allen Ginsberg, Lawrence Ferlinghetti ou Adrienne Rich ao galego e a Lois Pereiro ao castelán. Forma parte do grupo de música electrónica agit prop Das Kapital, que publicou os elepés " Ruído negro " (2011) e " Grecia " (2013). En 2013, xunto ao escritor e xornalista Manuel Darriba, deu ao prelo o volume de entrevistas " AGE. A emerxencia de Alternativa Galega de Esquerda " , e en 2014 coordinou co ensaísta Manuel M. Barreiro " Entrementres. Ensaios para unha nova política " .


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: