SANCHEZ, GLORIA (AUTOR/A)
Miguel Vázque Freire (Corcubión, 1951) e colaborador como crítico de literatura infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil ""Golfiño"" e codirector da colección Merlín de Xerais, ademais de co-autor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais (1990-2008) como membro do grupo de Didáctica da Filosofía Enxergo e promotor de «Pé de Imaxe» e de Nova Escola Galega. Como especialista en didáctica da filosofía publicou: ""Nietzsche"" (Xerais, 1990) ""Iniciación á Estética"" (Xerais, 1993) ""Política e Sociedade"" (Xerais, 1993) ""Mandar, obedecer, rebelarse"" (Xerais, 1996), ""O moucho voa"" (Xerais, 2022) ademais de realizar a tradución para o galego da obra de R. Descartes ""O discurso do método"" (Xerais, 2000). Para o público infantil publicou: ""As aventuras do Gato Bógar"" (Xerais, 1989) «O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor», conto incluído no volume ""Contos da campaña 3"" (1992) ""A cor do elefante"" (1994) a peza teatral, en colaboración con Gloria Sánchez, ""A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos"" (Xerais, 1995), ""A primeira máquina de fotos"" (1998), ""O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos"" (1998), ""María é maior"" (2007), ""Contos de Reis e de Nadal"" (Xerais, 2007), ""O souto escuro e perigoso"" (Xerais, 2011), ""Fadita fosca!"" (2013). Como narrador publicou: ""Proxecto pomba dourada"" (1987, Xerais, 2000), novela ""A malvada María Xosé"" (Xerais, 1989), novela ""Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos"" (Xerais, 1993), relatos ""Anxos en tempos de chuvia"" (Xerais, 1997), novela, incluída na Lista de Honra do IBBY 1999 e ""Demos de verán"" (Xerais, 2017), novela. A súa obra está traducida a todas as linguas peninsulares.