VALLADARES, MARCIAL (AUTOR/A)
Marcial Valladares Núñez (Vilaencosta, A Estrada, 1821-1903) é autor dunha obra única que conxuga lingüística e literatura en galego no século XIX, e na que sobrancea por ser o redactor do ?Diccionario gallego-castellano? (1884) e dos apuntamentos gramaticais ?Elementos de Gramática Gallega? (1892). Como literato, ocupa un posto de abandeirado na literatura galega do século XIX por ser un precursor da utilización do galego como lingua literaria, tanto na lírica como na narrativa, sendo o autor da primeira novela galega moderna, ?Maxina ou a filla espúrea? (1870, Xerais BLG) e dunha obra lírica recollida no volume ?Poesía? (Xerais BLG, 2003).