Velasco, Eduard

Publicou os poemarios «Ruído de trens» (2015) e «O filósofo coxo» (2017). O relato «Taxidermia», inserido no volume colectivo «A garza insomne», foi a súa primeira proposta narrativa. En 2019 publica en Xerais «Os días felices de Benvido Seixas», novela coa que obtén o Premio Losada Diéguez, 2020. Traduciu do catalán ao galego as novelas «Pan negro», de Emili Teixidor, «As valgadas bravas», de Raimon Casellas, e «Palabras de Opoton O Vello» (Xerais, 2020). Do galego ao catalán trasladou dúas pezas de Vicente Risco: os relatos «Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros» e «Os europeos en Abrantes», e mais a novela «O porco de pé». Como autor de literatura infantil, quedou finalista do Premio Merlín en dúas ocasións co libro de poemas «Animalario de ler a diario» (Xerais, 2022).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: