Villar, Marta
Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) é xornalista. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Foi finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. A súa primeira novela é «Non temerás os coches amarelos» (Xerais, 2023) e gañou o XLI Premio Xerais de Novela coa obra «Detective Ferruchi» (Xerais, 2024). Con «Os peidos máxicos de Sultán» (Xerais, 2024) estréase no eido da literatura infantil. Autor da foto: Víctor Echave.