XOSE LUIS BARREIRO RIVAS
Xosé Luis Barreiro Rivas (Forcarei, 1949) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Filosofía e Letras. Profesor de Ciencia Política da Universidade de Santiago, actualmente é director do Centro de Docencia e Investigación da UIMP en Galicia e analista político de La Voz de Galicia. Foi vicepresidente e conselleiro da Presidencia do Goberno Galego (de 1982 a 1986 e de 1987 a 1988). Ten publicados os seguintes libros: Ciencia Política e Ética do Poder (1991), Parlamento en el desierto (1993), La función política de los caminos de peregrinación en la Europa Medieval (1997), The Construction of Political Space: Symbolic and Cosmological Elements (Jerusalem and Santiago in Western History) (1999), A terra quere pobo (2005, 3ª ed., Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, 2003) e As inxurias da guerra (Xerais 2006). Ademais, entre outros traballos seus incluídos en libros colectivos, publicou en Xerais: ""Cultura política e globalización: a construcción da identidade na Galicia do 2000"" en Globalización e cambio de Milenio (Xerais 2001), ""Da UPG ó BNG: o proceso organizativo do nacionalismo galego"" en Os partidos políticos en Galicia (Xerais 2003) e ""Vigo: un centro urbano para a Galicia global"" en Vigo. Economía e Sociedade (Xerais 2003).