PENSAMENTO, SOCIEDADE E CULTURA

A relevancia da filosofía na educación

Autor: ABRAHAM RUBÍN ÁLVAREZ

Sección: FILOSOFÍA - FILOSOFÍA GRAL

PENSAMENTO, SOCIEDADE E CULTURA

PENSAMENTO, SOCIEDADE E CULTURA

10,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/05/2024
Colección:
MANUAIS: SERIE DE MANUAIS DIDACTICOS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este libro, concibido como manual para as materias Sociedade, pensamento e cultura, do Grao de Educación Primaria, e Pensamento e cultura, do Grao de Educación Infantil, defende a tese de que a adquisición de coñecementos e destrezas de carácter filosófico emerxe como un piar básico da formación dos educadores do futuro, xa que proporciona as ferramentas conceptuais necesarias para desenvolver …

Este libro, concibido como manual para as materias Sociedade, pensamento e cultura, do Grao de Educación Primaria, e Pensamento e cultura, do Grao de Educación Infantil, defende a tese de que a adquisición de coñecementos e destrezas de carácter filosófico emerxe como un piar básico da formación dos educadores do futuro, xa que proporciona as ferramentas conceptuais necesarias para desenvolver o pensamento crítico e ético nos estudantes. A filosofía fomenta a reflexión profunda sobre temas fundamentais, estimula o debate informado e promove a análise e a revisión de ideas preconcibidas. A formación filosófica fortalece a capacidade dos educadores para guiar aos estudantes na comprensión da complexidade do mundo e contribúe a cultivar cidadáns responsables e comprometidos coa procura de solucións aos desafíos contemporáneos desde unha perspectiva ética e reflexiva. Dese xeito, é crucial comprender dende un enfoque filosófico as claves que definen a cultura e a sociedade do pasado para ter unha comprensión ampla e significativa do mundo actual. A aprendizaxe da filosofía proporciona aos futuros educadores un marco teórico sólido que lles permite entender a variedade das sociedades actuais e as raíces das ideas que inflúen na formación das culturas contemporáneas. Estudar os modos cos que se pensa a realidade e que nos chegan dende a modernidade e a época contemporánea ofrece aos educadores unha ferramenta valiosa para desenvolver habilidades críticas tanto neles mesmos coma nos seus futuros estudantes, fomentando o pensamento reflexivo e a capacidade de cuestionar e analizar a información de maneira fundamentada.
Leer más

Más libros de ABRAHAM RUBÍN ÁLVAREZ

Más información del libro

PENSAMENTO, SOCIEDADE E CULTURA

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-1188-009-1
EAN:
9788411880091
Nº páginas:
224
Colección:
MANUAIS: SERIE DE MANUAIS DIDACTICOS
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
24 mm
Ancho:
17 mm
Sección:
FILOSOFÍA
Sub-Sección:
FILOSOFÍA GRAL

Otros libros en FILOSOFÍA

También te pueden interesar