A CABEZA DE MEDUSA

A CABEZA DE MEDUSA

Autor: ALEIXANDRE, MARILAR

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

A CABEZA DE MEDUSA

A CABEZA DE MEDUSA

14,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
12/02/2010
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois …

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, " unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve " . A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.
Leer más

Más libros de ALEIXANDRE, MARILAR

Todos los libros de ALEIXANDRE, MARILAR

Más información del libro

A CABEZA DE MEDUSA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-098-8
EAN:
9788499140988
Nº páginas:
0
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
Marilar Aleixandre (María Pilar Jiménez Aleixandre). (Madrid, 1947). Vive en Galicia dende 1973. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. É membro da Real Academia Galega. Colaboradora das revistas ?Nó?, ?Luzes de Galiza? e ?Festa da palabra silenciada?. Como narradora ten publicado: ?A formiga coxa? (Xerais 1989), novela xuvenil; ?O rescate do peneireiro? (Xerais 1990), novela xuvenil; ?Tránsito dos gramáticos? (Xerais 1993), novela; ?Nogard? (1994), novela xuvenil; ?A expedición do Pacífico? (Xerais 1994), Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego en 1995, sendo a primeira vez que recae nun libro xuvenil e nunha muller; ?Lobos nas illas? (Xerais 1996), relatos; ?Agardando polos morcegos?, conto incluído no volume ?Antoloxía do conto galego de medo? (1996); ?O trasno de Alqueidón? (Xerais 1996), contos infantís, Premio Rañolas 1996 ao mellor libro infantil do ano; ?A Compañía Clandestina de Contrapublicidade? (1998), novela, Premio Álvaro Cunqueiro; ?Desaforados muños?, relato incluído en ?Airadas palabras? (1998), Premio Manuel Murguía; ?A banda sen futuro? (Xerais 1999), novela, Premios Lazarillo e Lecturas Galix 2001; ?Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón? (1999), conto infantil; ?Unha presa de terra? (2001), Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas; ?O Rato de Biblioteca e a Gaiteira de Marín?, incluído en ?Contos para levar no peto? (Xerais 2001); ?Teoría do caos? (Xerais 2001), novela, Premio Xerais; ?Paxaros de papel? (Xerais 2001), álbum en colaboración con Lázaro Enríquez; ?O chápiro verde? (2001, Xerais 2003), conto infantil; ?Basilisa, a princesa sapiño? (2002), conto infantil; ?Rúa Carbón? (Xerais 2005), novela finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006 e ?A Cabeza de Medusa? (Xerais 2008), novela gañadora do Premio Fundación Caixagalicia de Literatura Xuvenil 2008 e Premio The Withe Ravens, 2009.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar