¡Sireno, Sireno !

¡SIRENO, SIRENO !

Autor: ALFAYA, AN

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

¡Sireno, Sireno !

¡Sireno, Sireno !

8,65€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
25/06/2007
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Partindo da imaxe da escultura de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. " ¡Sireno, Sireno! " é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non …

Partindo da imaxe da escultura de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. " ¡Sireno, Sireno! " é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento. O neno refúxiase nun mundo onírico, no que o debuxo é a única vía de escape, pero só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa situación. A descuberta do Sireno, unha estatua deforme que se eleva nunha praza da súa cidade, esperta emocións intensas e contraditorias no seu interior. A partir de entón, sofre unha identificación fantasiosa que o axudará a camiñar na procura das cores. En palabras de An Alfaya, a autora, " o Sireno sérvelle ó protagonista de escusa para saír da escuridade na que quedou preso trala morte do pai e descubre nela a beleza do deforme como aposta persoal " . Unha fermosa historia, merecedora do Premio Merlín de 1997, que é un reflexo dun alma infantil sensible. Unha historia escrita co corazón, que a autora recomenda lela tamén co corazón, que aposta por afondar nas vivencias e nos sentimentos.
Leer más

Más libros de ALFAYA, AN

Todos los libros de ALFAYA, AN

Más información del libro

¡Sireno, Sireno !

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-600-6
EAN:
9788497826006
Nº páginas:
136
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Lengua:
GALLEGO
Alto:
190 mm
Ancho:
135 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010 e Muros de aire (Xerais, 2015). Dentro da súa obra dirixida ao público infantil Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014).

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar