O TEITO E DE PEDRA

O teito é de pedra

Autor: ALONSO, ALEX

Sección: NARRATIVA - Novela Histórica

O TEITO E DE PEDRA

O TEITO E DE PEDRA

19,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/04/2025
Colección:
NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas …

«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da emoción para homenaxear a todas as persoas que deron a súa vida pola democracia ou que padeceron en calquera das súas formas a represión franquista. Tomando como referencia o libro «Memoria dunha parroquia republicana», de Bernardo Vázquez Acuña, Álex Alonso sitúanos nunha época en que as políticas da República permitían unha mellora da vida das clases humildes, o que era visto polas clases industriais como unha ameaza inasumible. Con personaxes baseados en persoas reais e ambientada na zona de Vigo (San Miguel de Oia, Coruxo e outras parroquias limítrofes), esta novela describe de forma maxistral e próxima os terribles feitos acontecidos durante o golpe de Estado de 1936, cando se fará cachizas unha sociedade que aínda hoxe segue en proceso de reconstrución.
Leer más

Más libros de ALONSO, ALEX

Más información del libro

O TEITO E DE PEDRA

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-1110-670-2
EAN:
9788411106702
Nº páginas:
360
Colección:
NARRATIVA
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
23 mm
Ancho:
16 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela Histórica
Álex Alonso (Vigo, 1968) é licenciado en Filoloxía Galega e Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa como tradutor intérprete da Administración de Xustiza na Audiencia Provincial de Pontevedra. En 2003 recibiu a mención especial do xurado do XII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía pola obra «Estremonías» en 2010 gañou o VI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares por «Xénero imperfecto», e en 2015 resultou gañador do Certame de Narrativa Curta Ánxel Fole con «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food» (Xerais, 2016). Coa novela «Granito» (Xerais, 2020) logrou ex aequo o Premio Torrente Ballester, con «Bullying» (Xerais, 2023) volveu gañar o Certame de Narrativa Curta Ánxel Fole no ano 2022, con «O estranxeiro» (Xerais, 2023) conseguiu o XXIX Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey e con «O teito é de pedra» (Xerais, 2025) quedou finalista do XLI Premio Xerais de Novela 2024.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar