POETÍZATE

ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA

Autor: ALONSO, FRAN

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - Poesía y Teatro

POETÍZATE

POETÍZATE

13,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
15/06/2011
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. …

A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate ?que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo? é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.
Leer más

Más libros de ALONSO, FRAN

Todos los libros de ALONSO, FRAN

Más información del libro

POETÍZATE

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-250-0
EAN:
9788499142500
Nº páginas:
224
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
215 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
Poesía y Teatro
Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con «Tráiler» (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos «Cemiterio de elefantes» (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela «Silencio» (1995-Xerais, 2014), «O brillo dos elefantes» (Xerais, 1999), «Males de cabeza» (Xerais, 2001), «Cartas de amor» (Xerais, 2006), «Ninguén» (Xerais, 2011) e «A punta de pistola» (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías «A vida secreta de María Mariño» (Xerais, 2007), «Folerpas de Novoneyra» (Xerais, 2010) e «A voz que vén da seitura» (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros «Territorio ocupado» (Xerais, 1998), «Un país a medio facer» (Xerais, 2008) e «Contesta ou disparo» (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de «Persianas, pedramol e outros nervios» (1992), ao que seguiron «Tortillas para os obreiros» (1996), »Cidades» (Xerais, 1997), «Subversións» (Xerais, 2001), «Balada solitaria» (2004), «O meu gato é un poeta» (libro-CD, Xerais, 2011), « Poemas birollos para ler cos ollos» (Xerais, 2016), «Terraza» (Xerais, 2017), e «Transición» (libro-CD, 2011). Tamén é autor da coñecida antoloxía «Poetízate» (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados «A casa da duna» (Xerais, 2002) e «A araña e mais eu» (2009). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar