XUVIA-NEDA

XUVIA-NEDA

Autor: ARAGUAS, VICENTE

Sección: NARRATIVA - Relato-Cuento (varios autores)

XUVIA-NEDA

XUVIA-NEDA

19,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
25/03/2010
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, co que Vicente Araguas asegura manter unha relación carnal. E afellas que a través deste relatorio imos vendo como o erotismo e máis a chamada telúrica van ensamblando un conxunto onde a melancolía dos perdedores canxa coas maneiras nobres de quen …

Este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, co que Vicente Araguas asegura manter unha relación carnal. E afellas que a través deste relatorio imos vendo como o erotismo e máis a chamada telúrica van ensamblando un conxunto onde a melancolía dos perdedores canxa coas maneiras nobres de quen miran como as luces do derradeiro tranvía abren paso á ollada riba da memoria, sentimental e histórica. Personaxes neboentos xunto a outros tan certos como Marcelino, saíndo do Hispano-Argentino o verán do gol a Rusia, ou Brigitte Bardot a erguer saudades que se debruzan no río onde unha cucaña dispón un xamón no seu remate. Mentres hai quen se desfai, literalmente, entre das ponlas das árbores e o neno Fandiño en canto de facer caligrafía prefire escoitar unha historia de amor que alá foi no comboio descendente. Un libro que se move entre o real e o pintado, á metade do camiño que vai entre Norma Jean e ese homiño namorado dunha rapaza, suicida que non foi aínda. Un libro que nos fala da froita madura recollida por un autor, agora que é ano hernandino, tan " perico en lúas " como o seu conto homónimo.
Leer más

Más libros de ARAGUAS, VICENTE

Más información del libro

XUVIA-NEDA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-101-5
EAN:
9788499141015
Nº páginas:
128
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Relato-Cuento (varios autores)
Vicente Araguas (Xuvia-Neda, Coruña, 1950) é un corredor de fondo da literatura galega, poeta, narrador, tradutor e crítico. Escribe a diario unha columna de opinión en Diario de Ferrol, que se complementa con sección dominical en El Correo Gallego que lle ten valido o Premio Reimóndez Portela de xornalismo. Recolleu a súa poesía enteira no volume Maneiras de querer (2006), ao que seguiu Xuvia revisitada (2008). Como narrador publicou as novelas Agora xa foi (2000) e A canción do verán (2001)e o libro de relatos Xuvia-Neda (Xerais 2010). Activista cultural, tradutor, ensaísta e cantautor belixerante, publicou en Xerais Crónica Voces Ceibes (1991), relato da historia do grupo homónimo do que fora cofundador, e do que anuncia a vindeira continuación, con O que non contei en Voces Ceibes. Vicente Araguas é Fillo Predilecto do Concello de Neda.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar