A DERROTA DE GALICIA

A DERROTA DE GALICIA

Autor: Baamonde, Antón

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

A DERROTA DE GALICIA

A DERROTA DE GALICIA

19,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
19/06/2012
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de modernización, pero alimenta a sospeita de que este país, inmerso nunha grande transición de múltiples vértices, está fraguando nun sentido equivocado. En realidade, é posible constatar a inexistencia dun proxecto propio que non sexa …

A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de modernización, pero alimenta a sospeita de que este país, inmerso nunha grande transición de múltiples vértices, está fraguando nun sentido equivocado. En realidade, é posible constatar a inexistencia dun proxecto propio que non sexa pasivo, inerte, respecto da evolución xeral española. Semella que os anos que veñen serán os do intento de recentralización de España e Galicia non parece preparada para resistir este asedio. Baamonde, un dos pensadores máis lúcidos do noso tempo, entende que a identidade de Galicia tería que ser proactiva, de futuro, tecida sobre a base de novos consensos sociais e inscrita na sociedade-rede mundial. Un punto de amarre para evitar a disgregación social, para que o territorio, a historia e a cultura se enmarquen no mundo dos fluxos que nos tocou vivir e para que a sociedade galega encare as súas propias transformacións. Entendida como expresión de dinamismo e de enerxía da sociedade civil tería que ser o cerne dun proxecto de cambio que articule ao conxunto da sociedade no seu conxunto.
Leer más

Más libros de Baamonde, Antón

Más información del libro

A DERROTA DE GALICIA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-383-5
EAN:
9788499143835
Nº páginas:
328
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
225 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron O marxismo e as linguaxes (1989), Sobre o tempo e outros desatinos (1990), A rosa sen porqué (1997), Aire para respirar. Memorias dun tempo presente (Xerais 2002) e o libro de entrevistas, La reinvención de España (2001); ademais de participar nos libros colectivos Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), Feísmo? Destruír un país (2006) e Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Animou a revista e o foro Luces de Galicia e publicou numerosos ensaios e artigos tanto en xornais (La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra, Diario de Galicia) como en revistas (Galicia Internacional, Obradoiro, Agalia, Luzes de Galiza, Grial). Na actualidade colabora na sección de opinión de El País. Está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar