Literatura Galegoasturiana

Poesía, Prosa, Teatro

Autor: Babarro González, Xoán

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

Literatura Galegoasturiana

Literatura Galegoasturiana

15,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/07/2023
Colección:
Fóra de Colección
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A presente obra reúne, en versión actualizada, os contidos dos tres volumes que inauguraron hai máis dunha década a colección Òlga e que intentaban achegar unha visión do cultivo literario nas terras asturianas de expresión galega. A historia do galego escrito no occidente de Asturias garda un claro paralelismo con Galicia. Tan só coa implantación do Estado das Autonomías comezan …

A presente obra reúne, en versión actualizada, os contidos dos tres volumes que inauguraron hai máis dunha década a colección Òlga e que intentaban achegar unha visión do cultivo literario nas terras asturianas de expresión galega. A historia do galego escrito no occidente de Asturias garda un claro paralelismo con Galicia. Tan só coa implantación do Estado das Autonomías comezan a marcarse sensibles diferenzas entre as dúas comunidades. Basicamente, por non se contemplar na primeira a normalización do galegoasturiano. Por máis que o Rexurdimento se consolide no século XIX (Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez...), non triunfa con autores galegoasturianos ata principios do XX. Fitos significativos foron A Veiga de Ribadeo (1913) de Antolín S. Mediante, Amarguras dun viaxe (1920) de Ramón García González e Un feixe de tapiegadas. Pasillo en dialecto tapiego en un acto y en prosa (1921) de Conrado Villar Loza. O primeiro, co galego común como referente e, os outros, usando as falas vilegas de Castropol e Tapia, respectivamente. Cen anos despois, mantéñense os dous criterios: persoas que utilizan o material lingüístico común e persoas que rexistran só formas locais. A iso únese a ortografía. Hai quen ten como referente as normas da Real Academia Galega, quen prefire as da Academia de la Llingua Asturiana, quen segue modelos lusistas e quen se decanta por unha opción persoal, ignorando calquera proposta estandarizadora. Malia esta situación, é máis o que nos une a todos ca o que nos separa e a vestimenta gráfica non borra a galegoasturianidade, un aspecto cohesionante para termos en conta á hora de defender unha lingua cunha chea de factores en contra para a súa existencia.
Leer más

Más libros de Babarro González, Xoán

Más información del libro

Literatura Galegoasturiana

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-8158-969-6
EAN:
9788481589696
Nº páginas:
462
Colección:
Fóra de Colección
Lengua:
GALLEGO
Alto:
24 mm
Ancho:
17 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL

Otros libros en POESÍA