Historia social da Guerra da Independencia en Galicia

HISTORIA SOCIAL DA GUERRA DA INDEPENDENCIA EN GALICIA

Autor: Barreiro Fernández, Xosé Ramón

Sección: HISTORIA - Historia Universal

Historia social da Guerra da Independencia en Galicia

Historia social da Guerra da Independencia en Galicia

20,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
27/10/2009
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

OS estudos sobre a Guerra da Independencia en Galicia están guiados por dúas liñas de investigación: a ideolóxica e a militar. Nesta perspectiva dominante sempre cobra especial protagonismo o mundo militar e os personaxes marcados polo conservadorismo da época. Fronte desta visión ideoloxizada, Xosé Ramón Barreiro Fernández descóbrenos o protagonismo do pobo e doutras claves sociais organizados en alarmas e …

OS estudos sobre a Guerra da Independencia en Galicia están guiados por dúas liñas de investigación: a ideolóxica e a militar. Nesta perspectiva dominante sempre cobra especial protagonismo o mundo militar e os personaxes marcados polo conservadorismo da época. Fronte desta visión ideoloxizada, Xosé Ramón Barreiro Fernández descóbrenos o protagonismo do pobo e doutras claves sociais organizados en alarmas e mandadas por caudillos populares que ensombrecen o papel do exército. En definitiva, a intrahistoria como complemento e matizacións da macrohistoria dominante na nosa historiografía.
Leer más

Más libros de Barreiro Fernández, Xosé Ramón

Más información del libro

Historia social da Guerra da Independencia en Galicia

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-031-5
EAN:
9788499140315
Nº páginas:
336
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
240 mm
Ancho:
172 mm
Sección:
HISTORIA
Sub-Sección:
Historia Universal
Xosé R. Barreiro Fernández (Ribeira, A Coruña) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Actualmente, despois de exercer a cátedra de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, segue como profesor emérito desta. É tamén presidente da Real Academia Galega. Na súa bibliografía académica figuran varios libros canónicos dentro da historiografía peninsular. Os seus estudos sobre o carlismo galego, o liberalismo e o nacemento do galeguismo ou os cinco tomos do Proxecto Galicia amplían os nosos horizontes intelectuais e poñen acento galego en temas e personaxes que permanecían velados polas circunstancias históricas. Entre outras, ten publicadas as seguintes obras: A parroquia hoxe (1970); El carlismo gallego (1976, reeditado e revisado en 2008 e publicado en galego como O carlismo galego); El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo (1977); El campesinado gallego en el siglo XIX. Economía y sociedad (1980); Historia contemporánea de Galicia (1982); Liberales y absolutistas en Galicia (1808-1833) (Xerais, 1982); Historia de la ciudad de La Coruña (1986); O movemento obreiro en Galicia: catro ensaios (Xerais, 1990); Historia de la imprenta en Galicia (1992); Historia da Universidade de Santiago de Compostela. (1998-2002); Manuel Murguía (2000, con Xosé Luís Axeitos); Historia de Galicia, 5 tomos do Proxecto Galicia (2000-2002); Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810‑2003) (2003, coordinador e autor); Cartas a Murguía (2005); O Tratado da Constitución europea: visións desde Galiza (2005); Manuel Lugrís Freire, o compromiso (2006, con Xosé Luís Axeitos); Os símbolos de Galicia (2007, Consello da Cultura Galega); A gran historia de Galicia (2007, coordinador) e Historia social da Guerra da Independencia en Galicia (Xerais 2009).

Otros libros en HISTORIA

También te pueden interesar