Cumes Torboentos

Autor: Brontë, Emily

Sección: NARRATIVA - Novela General

Cumes Torboentos

Cumes Torboentos

13,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
30/08/2023
Colección:
Narrativa
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Texto para contracapa do nº 438 (1574) Wuthering Heights ou Cumes Torboentos, na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas. A novela é …

Texto para contracapa do nº 438 (1574) Wuthering Heights ou Cumes Torboentos, na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas. A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes. É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, Cumes Torboentos non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos. Cumes Torboentos é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos.
Leer más

Más libros de Brontë, Emily

Todos los libros de Brontë, Emily

Más información del libro

Cumes Torboentos

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-8487-650-2
EAN:
9788484876502
Nº páginas:
0
Colección:
Narrativa
Lengua:
GALLEGO
Alto:
0 mm
Ancho:
0 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar