Galván en Saor

GALVÁN EN SAOR

Autor: Cabana, Darío Xohán

Sección: NARRATIVA - Novela General

Galván en Saor

Galván en Saor

19,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
15/07/2005
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, …

O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece, traductor de Dante " A divina comedia " e de Petrarca " Cancioneiro " entre outros textos. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e enleve. Estas son as artes e as sabedurías de Darío Xohán Cabana.
Leer más

Más libros de Cabana, Darío Xohán

Más información del libro

Galván en Saor

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-328-9
EAN:
9788497823289
Nº páginas:
184
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Darío Xohán Cabana (Terra Chá, 1952) traballou nas Edicións Castrelos (1970-75), foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 colabora diariamente con La Voz de Galicia cun crucigrama en galego e é membro do Consello de Redacción de ?A Trabe de Ouro?. Polos seus libros de poesía obtivo os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). Como poeta, é autor de títulos como ?Verbas a un irmao? (1970), ?Romanceiro da Terra Cha? (1973), ?Ábrelle a porta ó día? (1981), ?A fraga amurallada? (1983), ?Amor e tempo liso? (1987), ?Patria do mar? (1989) e ?Canta de cerca a morte? (1994), entre outros. Reuniu toda a súa obra poética no volume ?Vinte cadernos. Poemas 1969-2002? (Xerais 2003). Como narrador gañou varios premios, entre os que destaca o Xerais de novela (1989 e 1994) e publicou libros como ?Galván en Saor? (Premio Xerais de novela, Xerais 1989), un dos máis vendidos da literatura galega recente; ?Fortunato de Trasmundi? (Xerais 1990); ?Cándido Branco e o Cabaleiro Negro? (Xerais 1992); ?Vidas senlleiras? (Premio Cidade de Lugo, Xerais 1992); ?O cervo na torre? (Premio Xerais de novela, Xerais 1994), Morte de rei (Xerais 1996) e ?Mitos e memorias? (Xerais 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil: ?As aventuras de Breogán Folgueira? (Xerais 1990), ?O avión de Cangas? (Xerais 1992), ?O castrón de ouro? (1994), ?Chucho Cacho? (Xerais 1994), etc. Publicou, ademais, a biografía Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (Xerais 2008). En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florenza pola súas traduccións de clásicos italianos como Dante (?A divina comedia?) e Petrarca (?Cancioneiro?). A súa traxectoria biográfica está recollido no libro de José Luis Calvo e Yago Rodríguez ?Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita? (Xerais 2007).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar