O CERVO NA TORRE

O CERVO NA TORRE

Autor: CABANA, DARÍO XOHÁN

Sección: FANTÁSTICA (LITERATURA) - Ciencia Ficción

O CERVO NA TORRE

O CERVO NA TORRE

16,15€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
15/12/1994
Colección:
EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Segundo as propias declaracións do autor: Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro composto de moitos libros que en verdade son só capítulos. Este " capítulo " é distinto dos outros en bastantes cousas. Por exemplo nas estratexias narrativas, no uso inevitable do presente histórico, na complexidade dunha narración que pretendín disimular baixo …

Segundo as propias declaracións do autor: Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro composto de moitos libros que en verdade son só capítulos. Este " capítulo " é distinto dos outros en bastantes cousas. Por exemplo nas estratexias narrativas, no uso inevitable do presente histórico, na complexidade dunha narración que pretendín disimular baixo unha forma de contar aparentemente sinxela, fácil de ler. Pero por enriba de todo hai unha unidade poética profunda, principalmente con Galván en Saor, con Vidas senlleiras, e mesmo co meu último libro de poemas, Canta de cerca a morte. Cando a defensa da verdade social, a lealdade entre as persoas e a capacidade de entrega a calquera causa que vaia máis alá do inmediato interés persoal non está de moda, Darío Xohán Cabana fainos volver a ollada cara un tempo ideal no que os colectivos humanos recuperan as formas de traballo que respetan a natureza, ou son quen de se uniren para loitar contra concepción s perversas do mundo. Unha fermosa historia que aposta valentemente pola posibilidade da utopía, polo triunfo dos ideais... que rescata e recupera nestes momentos as ideas básicas de fraternidade, de liberdade e igualdade, que foron estandarte da Revolución francesa. (Xulia Díaz, COPE) o cervo na torre abre para o lector un territorio narrativo vasto e xeneroso, caracterizado polo vigor con que Darío Xohan Cabana sabe dotar o verbo de vida literaria plena, fermosa e singular. Estamos diante dunha obra que engaiola ó lector dende o principio, que prende nun e que non nos permite acougo ata que non chegamos á fin. E que o fai demostrándonos a todos a forza expresiva e a grade riqueza da lingua galega, coa que nos vai metendo dun xeito transparente, cristalino, por un mundo fantástico. (Xulia Díaz, COPE)
Leer más

Más libros de CABANA, DARÍO XOHÁN

Más información del libro

O CERVO NA TORRE

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-7507-855-7
EAN:
9788475078557
Nº páginas:
0
Colección:
EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
21 mm
Ancho:
13 mm
Sección:
FANTÁSTICA (LITERATURA)
Sub-Sección:
Ciencia Ficción
Darío Xohán Cabana (Terra Chá, 1952) traballou nas Edicións Castrelos (1970-75), foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 colabora diariamente con La Voz de Galicia cun crucigrama en galego e é membro do Consello de Redacción de ?A Trabe de Ouro?. Polos seus libros de poesía obtivo os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). Como poeta, é autor de títulos como ?Verbas a un irmao? (1970), ?Romanceiro da Terra Cha? (1973), ?Ábrelle a porta ó día? (1981), ?A fraga amurallada? (1983), ?Amor e tempo liso? (1987), ?Patria do mar? (1989) e ?Canta de cerca a morte? (1994), entre outros. Reuniu toda a súa obra poética no volume ?Vinte cadernos. Poemas 1969-2002? (Xerais 2003). Como narrador gañou varios premios, entre os que destaca o Xerais de novela (1989 e 1994) e publicou libros como ?Galván en Saor? (Premio Xerais de novela, Xerais 1989), un dos máis vendidos da literatura galega recente; ?Fortunato de Trasmundi? (Xerais 1990); ?Cándido Branco e o Cabaleiro Negro? (Xerais 1992); ?Vidas senlleiras? (Premio Cidade de Lugo, Xerais 1992); ?O cervo na torre? (Premio Xerais de novela, Xerais 1994), Morte de rei (Xerais 1996) e ?Mitos e memorias? (Xerais 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil: ?As aventuras de Breogán Folgueira? (Xerais 1990), ?O avión de Cangas? (Xerais 1992), ?O castrón de ouro? (1994), ?Chucho Cacho? (Xerais 1994), etc. Publicou, ademais, a biografía Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (Xerais 2008). En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florenza pola súas traduccións de clásicos italianos como Dante (?A divina comedia?) e Petrarca (?Cancioneiro?). A súa traxectoria biográfica está recollido no libro de José Luis Calvo e Yago Rodríguez ?Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita? (Xerais 2007).

Otros libros en FANTÁSTICA (LITERATURA)

También te pueden interesar