NO DESTERRO

NO DESTERRO

Autor: Cabanillas, Ramón

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

NO DESTERRO

NO DESTERRO

18,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
26/01/2010
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A Biblioteca das Letras Galegas publica No desterro cando se cumpren 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas. Trátase do primeiro poemario de do autor de Cambados, editado por primeira vez en 1913. Esta obra coñecería, por volta de 1926, unha segunda edición que amosaba un importante número de diferenzas con respecto daquela primeira, aparecida na Habana. Ofrécense así ambas …

A Biblioteca das Letras Galegas publica No desterro cando se cumpren 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas. Trátase do primeiro poemario de do autor de Cambados, editado por primeira vez en 1913. Esta obra coñecería, por volta de 1926, unha segunda edición que amosaba un importante número de diferenzas con respecto daquela primeira, aparecida na Habana. Ofrécense así ambas as versións, nun texto prologado e anotado con rigor por Xosé Ramón Pena, para unha mellor estima do labor desenvolto por Cabanillas. Unha obra que contén as claves ?poesía de denuncia, pero tamén intimista, paisaxista e aínda retallos modernistas? que explican o devir literario do noso poeta.
Leer más

Más libros de Cabanillas, Ramón

Todos los libros de Cabanillas, Ramón

Más información del libro

NO DESTERRO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-878-9
EAN:
9788497828789
Nº páginas:
200
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
190 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
Ramón Cabanillas Enríquez (Fefiñáns, Cambados 1876-Cambados 1959) foi un dos poetas primeiros en lingua galega do século XX. Con trinta e catro anos emigrou á Habana, onde residiu entre 1910 e 1915 e publicou os seus dous primeiros poemarios No desterro (1913, Xerais 2009) e Vento mareiro (1915, Xerais 1995). De volta a Galicia, traballou como funcionario de varios concellos e coñeceu a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente n? A Nosa Terra. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu o discurso titulado ?A saudade nos poetas galegos? e en 1929 da Real Academia Española, onde ingresou cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Durante os anos vinte publicou Da terra asoballada (1926, Xerais 1994) e as novas edicións dos poemarios publicados na Habana. A instancias de Antón Vilar Ponte, escribiu as pezas dramática A man de Santiña (1921, Xerais 1996) e a traxedia histórica O mariscal (Xerais 1996). En 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida (Xerais 1988) onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista no poemario amoroso A rosa de cen follas (1927, Xerais 1992). Instalado en Madrid, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década de 1940 con Camiños no tempo. Comezou entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958, Xerais 2009), o seu derradeiro libro publicado en vida. Os catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, con motivo do 50 aniversario do pasamento do poeta, reuniron a súa obra poética no volume Poesía galega completa (Xerais 2009).

Otros libros en POESÍA