Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro

Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro

Autor: Cajaraville Araújo, Héctor

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 9 años

Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro

Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro

12,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
LEA
Publicación:
01/12/2022
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao …

Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista. Entre as súas iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas, unha data en que conmemorar e celebrar a lingua, a literatura e a cultura de noso. Sesenta anos despois o propio don Paco é a figura homenaxeada nesta efeméride.
Leer más

Más libros de Cajaraville Araújo, Héctor

Más información del libro

Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro

Editorial:
LEA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-1110-229-2
EAN:
9788411102292
Nº páginas:
88
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos
Lengua:
GALLEGO
Alto:
19 mm
Ancho:
14 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 9 años
Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, «De remate», e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con «Quen dá a quenda?» (Xerais 2016). Nese mesmo ano, a súa obra «A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)» (Xerais 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con «Once portas» (Xerais 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con «Denébola a Roxa». Coa súa novela «Kusuma» (Xerais 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas «O segredo da casa de Formoso» (2017) e «Nova Nursia» (Xerais 2018), así como das biografías «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», «Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso» e «Florencio Delgado Gurriarán. Polas vieiros da saudade», publicadas na colección Merlín en 2019, 2020 e 2022 respectivamente. Noutras facetas, traduciu ao galego a novela «O gardián invisible» (Xerais 2013) de Dolores Redondo, participou na redacción do «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato» (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar