KUSUMA

KUSUMA

Autor: Cajaraville, Héctor

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

KUSUMA

KUSUMA

13,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
11/10/2018
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
Ver ficha completa

DISPONIBLE

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van …

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida. ''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.
Leer más

Más libros de Cajaraville, Héctor

Todos los libros de Cajaraville, Héctor

Más información del libro

KUSUMA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-410-6
EAN:
9788491214106
Nº páginas:
128
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
Lengua:
GALLEGO
Alto:
190 mm
Ancho:
135 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos diarios " La Voz de Galicia " e " De Luns a Venres " . En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, " De remate " , e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con " Quen dá a quenda? " (Xerais, 2016). Nese mesmo ano, a súa obra " A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) " (Xerais, 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con " Once portas " (Xerais, 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con " Denébola a Roxa " . Coa súa novela " Kusuma " (Xerais, 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. Publicou, ademais, as novelas " O segredo da casa de Fromoso " (2017) e " Nova Nursia " (Xerais, 2018). É o autor da tradución ao galego da novela " O gardián invisible " , de Dolores Redondo. Ademais, participou na redacción do " Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato " (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía do mundo do mar, recursos ludolingüísticos na prensa ou análise da linguaxe xornalística. Desde 2011 dedícase á corrección de orixinais para diferentes selos editoriais galegos.En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, " De remate " , e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con " Quen dá a quenda? " (Xerais, 2016). Nese mesmo ano a súa obra " A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) " (Xerais, 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña, e en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con " Once portas " (Xerais, 2017)

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar