NOVA NURSIA

NOVA NURSIA

Autor: Cajaraville, Héctor

Sección: NARRATIVA - Novela Histórica

NOVA NURSIA

NOVA NURSIA

19,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
03/05/2018
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura. Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continente australiano, …

Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura. Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continente australiano, Nova Nursia. Pero o obxectivo evanxélico inicial axiña foi substituído pola defensa dos aborixes, marxinados e abocados á extinción por unhas leis que nin sequera lles outorgaban a condición de seres humanos. No máis de medio século de labor misioneiro de Salvado sucedéronse as interminables viaxes entre Europa e Australia, as conspiracións e as traizóns, as tentacións do luxo e o poder, os transos de perigo mortal, os logros que abraiaron o mundo e a obrigada volta a empezar tras os fracasos, sempre coa dúbida sobre o sentido e a continuidade do seu formidable proxecto. " Nova Nursia " é a aventura dun home que fixo da entrega aos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha das biografías máis fascinantes da nosa historia.
Leer más

Más libros de Cajaraville, Héctor

Más información del libro

NOVA NURSIA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-379-6
EAN:
9788491213796
Nº páginas:
344
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
225 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela Histórica
Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos diarios " La Voz de Galicia " e " De Luns a Venres " . En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, " De remate " , e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con " Quen dá a quenda? " (Xerais, 2016). Nese mesmo ano a súa obra " A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) " (Xerais, 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña, e en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con " Once portas " (Xerais, 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con " Denébola a Roxa " . Publicou, ademais, as novelas " O segredo da casa de Fromoso " (2017) e " Nova Nursia " (Xerais, 2018). É o autor da tradución ao galego da novela " O gardián invisible " , de Dolores Redondo. Ademais, participou na redacción do " Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato " (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía do mundo do mar, recursos ludolingüísticos na prensa ou análise da linguaxe xornalística. Desde 2011 dedícase á corrección de orixinais para diferentes selos editoriais galegos.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar