AS MASCARAS DE CRONOS

POEMAS 1994-2005

Autor: CARIDE OGANDO, RAMON

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

AS MASCARAS DE CRONOS

AS MASCARAS DE CRONOS

21,65€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
23/11/2006
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - POESÍA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

As máscaras de Cronos reúne a poesía de Ramón Caride entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éditos Cerne das labaredas (1994), Flor no deserto (1995), e Xeografías do sal (1999) e os libros inéditos Diacrónica (2002), Addenda (2002-2005), ademais dun epílogo do brasileiro A. Soares de Moura. Para Xosé Lois García, prologuista do libro, ?estamos diante …

As máscaras de Cronos reúne a poesía de Ramón Caride entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éditos Cerne das labaredas (1994), Flor no deserto (1995), e Xeografías do sal (1999) e os libros inéditos Diacrónica (2002), Addenda (2002-2005), ademais dun epílogo do brasileiro A. Soares de Moura. Para Xosé Lois García, prologuista do libro, ?estamos diante de cinco rexistro moi ben parcelados que nos dan a dimensión dunha poesía innovadora e do seu autor, quen con anterioridade a este poemarios, xa producira outros tres na década dos oitenta. Estamos, por tanto, ante un poeta que polo seu peso creativo xa ten trascendido, apostando por unha solvente e prestixiosa obra poética, onde mostra unha gran diversidade de rexistros que avalan todas as percepcións que nela se manifestan?. As mascaras de Cronos alerta sobre a importancia da obra dun poeta que para o crítico Vicente Araguas constitúe ?unha rosa, digámolo, tan exiquisita como irregular, con vocación lírica e épica, compatible cunha dedicación narrativa que ten acadado importantes metas e galardóns?. Unha poesía definida por Manuel María como ?aberta á vida e ao mundo, nunha visión totalizadora e non monográfica. Coido que a poesía de Caride é semellante ao orballo que, ao caer manseliñamente sobre nós, dá a impresión de que non molla pero, cando nos decatamos, estamos humedecidos deica os ósos?.
Leer más

Más libros de CARIDE OGANDO, RAMON

Más información del libro

AS MASCARAS DE CRONOS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-514-6
EAN:
9788497825146
Nº páginas:
304
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - POESÍA
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
13 mm
Ancho:
21 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012) «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española) «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004) ou «Liquidación de existencias» (Xerais 2016). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018) e «As músicas viaxeiras» (2021).

Otros libros en POESÍA